Unha vez atopados os anuncios, teredes que subilos ó voso blog e facer unha breve análise de cada un e unha análise completa do que queirades.
Unha boa forma de realizar unha análise dun anuncio é empregar o Decálogo proposto por Mª D. Abascal, C. Lomas, C. López y E. Atienza, que vos poño a continuación:
- A ESCEA: ¿Que se anuncia? ¿Quen?¿A que hora se emite/emitiu? ¿Dentro dun programa ou entre eles? ¿Ó comezo, á metade ou ó final? Contextualizar o anuncio no medio e franxa horaria/estacional.
- O TEMPO: ¿Canto dura? ¿Que ritmo ten? ¿Cantos planos ten? ¿Forma parte dunha serie?
- A IMAXE: ¿Que se ve? ¿Onde trascorre a acción? ¿Que estética ten? ¿Canto tempo aparece o producto no spot? ¿De que forma? ¿Que suxiren as imaxes? ¿Que tipo de transicións ten? ¿Hai logotipos? ¿Como usa a cor? etc...
- A VERBA: ¿Que se fala? ¿Que sale escrito? ¿Cal é o slogan? ¿Quen narra e que sexo ten? ¿Dirixese o texto ou voz directamente ó espectador? ¿Predomina o diálogo, a narración, a descripción...? ¿Aparece texto escrito na imaxe? ¿Que suxire a tipografía?
- A MÚSICA: ¿A que xénero pertence? ¿Hai relación entre o xénero e a mensaxe? ¿O "jingle" ou melodía/canción trascende á sociedade? ¿Crea marca? ¿Como apoia a música a mensaxe publicitaria?
- O ARGUMENTO: ¿Como se desenvolve a historia? ¿Que sucede? ¿Quen aparece e que fai? ¿Hai puntos de xiro? Traza o paralelismo entre o que fan as personaxes do anuncio e o target do mesmo
- AS FUNCIÓNS DO ANUNCIO: Informativa, Persuasiva/Exhoratativa, Económica, Financiadora, Sustitutiva, Estereotipadora, Desproblemizadora, Creativa,...
- O DESTINATARIO (TARGET): ¿A que público se dirige el producto y por que esa persona habia de comprarlo o consumirlo? ¿Que le ofrece? ¿A que edad, sexo, clase social o grupo ten o anuncio como obxectivo?
- VALORES: Que ideoloxía e actitudes sociais e humanas transmite o anuncio. A veces é máis doado de velas.
- CONCLUSIÓN: A través dos apartados anteriores, tes que condensar a información sinalando o máis salientable, tentando definir xa non a mensaxe máis clara e evidente, senón a mensaxe oculta, en caso de habela. Neste apartado tamén podes expoñer a túa visión personal.
Algúns recursos sobre publicidade
No hay comentarios:
Publicar un comentario