miércoles, 23 de mayo de 2012

EASD



Graos en Deseño de MODA e PRODUTOS 
Ciclos Superiores de ESCULTURA, ARQUITECTIRA EFÉMERA, FOTOGRAFÍA e XOIARÍA 


Tipos de acceso: 

Acceso directo mediante Título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño 20% das prazas 
Acceso mediante Proba Específica Título de bacharelato ou equivalente 
Proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos superada 
Sen título de acceso: superendo previamente a proba de madureza para maiores de 19 anos 80% das prazas 

As probas de acceso realizaranse alomenos unha vez ao ano e serán centralizadas para todas as Escolas Superiores de Deseño de Galicia. 
A superación da proba específica so ten validez para ese curso, sendo válida para matricularse en calquera centro do Estado onde se cursen esas ensinanzas. 

Proba de Madureza única para todas as especialidades de Grao en Deseño versará sobre as materias comúns do Bacharelato cualificarase como apto ou non apto. 
O apto permitirá o acceso á Proba Específica 

Proba Específica diferenciada por especialidades de Grao en Deseño versará sobre os coñecementos, aptitudes e habilidades para cursar con aproveitamento estes estudos cualificarase con nota numérica de 0 a 10 con dous decimais. Será o resultado da media aritmética das cualificacións obtidas nas dúas partes da proba. Superarase a proba cunha nota media final a partir de 5,00. 

Estructura da proba

Primeira parte. Durante 3 horas, contestarase por escrito a cuestións sobre: Historia das artes Historia das artes aplicadas, os oficios artísticos e o deseño 
O deseño na especialidade que se aspira a cursar

Segunda parte. Durante 4 horas, realizaránse dous exercicios de debuxo: 
1º exercicio: debuxo mimético a man alzada, do natural ou a partir da documentación facilitada, dun modelo relacionado coa especialidade, proposto polo tribunal, realizado a lapis de grafito sobre papel tamaño DIN A3. 
2º exercicio: debuxo a man alzada, utilizando os sistemas e técnicas de representación máis apropiados para esa especialidade, definidos polo tribunal, do modelo do exercicio anterior.

No hay comentarios:

Publicar un comentario