miércoles, 23 de mayo de 2012

viernes, 18 de mayo de 2012

Festival Audiovisual OLLOBOI 2012

OLLOBOI é un concurso de traballos audiovisuais aberto a calquera persoa nacida ou residente en Galicia, estudiante ou non.

Podedes presentar obras audiovisuais (curtas, videoclips, documentais, animacións,...) realizadas nos últimos tres anos sempre que non fosen presentadas a edicións anteriores do concurso.

Hai 1200 euros en premios, que se entregarán nunha Grande Gala a celebrar o 22 de Xuño na Casa da Cultura da Cachada de Boiro ás 21 horas.

Contaremos con estrelas invitadas.

Tendes ata o 1 de Xuño para presentar os vosos traballos. Animádevos a participar e sorte!


Máis información en www.olloboi.com

lunes, 28 de noviembre de 2011

Spot publicitario

Unha vez visto o material visual na clase, deberedes de atopar tres spots publicitarios de xeito que cada un reflexe un ou varios dos recursos máis habituais na publicidade: o Humor, o Sexo ou o Impacto. Cada un destes recursos terá que ser representado, ben de forma illada ou en conxunto.

Unha vez atopados os anuncios, teredes que subilos ó voso blog e facer unha breve análise de cada un e unha análise completa do que queirades.

Unha boa forma de realizar unha análise dun anuncio é empregar o Decálogo proposto por Mª D. Abascal, C. Lomas, C. López y E. Atienza, que vos poño a continuación:

  1. A ESCEA: ¿Que se anuncia? ¿Quen?¿A que hora se emite/emitiu? ¿Dentro dun programa ou entre eles? ¿Ó comezo, á metade ou ó final? Contextualizar o anuncio no medio e franxa horaria/estacional.
  2. O TEMPO: ¿Canto dura? ¿Que ritmo ten? ¿Cantos planos ten? ¿Forma parte dunha serie?
  3. A IMAXE: ¿Que se ve? ¿Onde trascorre a acción? ¿Que estética ten? ¿Canto tempo aparece o producto no spot? ¿De que forma? ¿Que suxiren as imaxes? ¿Que tipo de transicións ten? ¿Hai logotipos? ¿Como usa a cor? etc...
  4. A VERBA: ¿Que se fala? ¿Que sale escrito? ¿Cal é o slogan? ¿Quen narra e que sexo ten? ¿Dirixese o texto ou voz directamente ó espectador? ¿Predomina o diálogo, a narración, a descripción...? ¿Aparece texto escrito na imaxe? ¿Que suxire a tipografía?
  5. A MÚSICA: ¿A que xénero pertence? ¿Hai relación entre o xénero e a mensaxe? ¿O "jingle" ou melodía/canción trascende á sociedade? ¿Crea marca? ¿Como apoia a música a mensaxe publicitaria?
  6. O ARGUMENTO: ¿Como se desenvolve a historia? ¿Que sucede? ¿Quen aparece e que fai? ¿Hai puntos de xiro? Traza o paralelismo entre o que fan as personaxes do anuncio e o target do mesmo
  7. AS FUNCIÓNS DO ANUNCIO: Informativa, Persuasiva/Exhoratativa, Económica, Financiadora, Sustitutiva, Estereotipadora, Desproblemizadora, Creativa,...
  8. O DESTINATARIO (TARGET): ¿A que público se dirige el producto y por que esa persona habia de comprarlo o consumirlo? ¿Que le ofrece? ¿A que edad, sexo, clase social o grupo ten o anuncio como obxectivo?
  9. VALORES: Que ideoloxía e actitudes sociais e humanas transmite o anuncio. A veces é máis doado de velas.
  10. CONCLUSIÓN: A través dos apartados anteriores, tes que condensar a información sinalando o máis salientable, tentando definir xa non a mensaxe máis clara e evidente, senón a mensaxe oculta, en caso de habela. Neste apartado tamén podes expoñer a túa visión personal.

Algúns recursos sobre publicidade

martes, 8 de noviembre de 2011

Traballos pendentes Novembro

Ola.

Lémbrovos os traballos que tendes pendentes de publicar no voso Blog.

Cada traballo que presentedes terá que ir acompañado dun texto que explique en que consiste.

1. Deseño figurativo baseado na forma das letras que compoñen o nome do suxeito representado.
2. Serie de fotografías, 5 ou máis, feitas a carteis e letreiros de negocios da rúa onde aparezan diferentes tipografías.
3. Deseño persoal do voso nome feito cunha tipografía propia, de xeito que o conxunto defina certos aspectos da vosa personalidade.
4. Realización dun ou máis caligramas.
5. Deseño dun logotipo utilizando o Inkscape feito só con círculos e letras.

miércoles, 21 de septiembre de 2011

Recursos gratuítos na rede

Open Clip Art Gallery. Un sitio web que contén unha inxente cantidade de deseños e gráficos vectoriais ofrecidos de forma libre pola e para a comunidade. O formato no que están os deseños é o formato libre SVG.

Banco de imaxes. Un espacio web do Ministerio de Educación e Ciencia que nos ofrece miles de imaxes vectoriais e de mapa de bits (asemade, sons e incluso vídeos) libres de dereitos de autor para que poidades empregar do xeito que máis os guste.

De logo a logo. Manual sobre o uso de Inkscape e centrado sobre as súas posibilidades no campo do deseño de logotipos realizado por Joaclint Istgud.

Brandnew. Páxina en inglés que amosa os cambios nos deseños dos logotipos de innumerable empresas, grupos, comercios, etc... ó longo do tempo.

Brands of the World. Páxina en inglés que recolle innumerables logotipos de marcas de todo o mundo. Se presentan vectorizadas e listas para usar.

Os 10 mellores logotipos nunha banda de rock segundo a revista Rolling Stone.

Vectors for Free. Unha extensa colección de imáxenes vectoriais gratuítas para empregar nas vosas creacións. En inglés.

Logotypes. Outra páxina repleta de logotipos das principais marcas do mundo. É unha páxina rusa, pero poño o enlace á súa versión en inglés. Xa ten os seus anos.

LETRAMANIA. Miles de tipos de letra para descargar de forma gratuíta.

Presentación

Ola.

Benvid@s a este Blog, que se constitúe como un punto de encontro para os estudantes da asignatura de "Deseño" do Bacherelato de Artes do IES Praia Barraña de Boiro, A Coruña, neste curso 2011-2012.

Neste espazo se publicarán traballos, recursos, aplicacións, comunicados,... servirá de galería, de taller, de aula,... en resumo, o noso fogar virtual.

Non perdades de vista os interesantísimos enlaces a outras páxinas especializadas no deseño, porque non teñen desperdicio.

Ata pronto.